lunes, 20 de mayo de 2013

SAIDA 10 MAIO 3º E 4º ESO

O pasado 10 de maio os alumnos de 3º e 4º de ESO realizamos unha interesante saída a Caldas e Padrón. Primeiramente visitamos en Caldas a empresa química FORESA, onde amablemente nos ensinaron as instalacións e o seu funcionamento. Loxicamente, fixemos a visita pertrechados cos chalecos reflectantes e as gafas de seguridade. Algún parecía xa un científico...! Aprendemos moito, sobre todo que a química non queda só no papel, que ten a súa aplicación práctica na vida cotiá; concretamente, aquí prodúcense todo tipo de colas.
A seguinte visita fixémola á casa da Matanza en Padrón, onde viviu Rosalía de Castro. Foi moi emocionante ver a súa cama, sempre adornada cunha flor collida do xardín; a cociña típica, onde supoñemos que faría a comida, e sobre todo o vello escritorio onde ela producía os seus sentidos versos. Aprendemos moito ese día!