martes, 9 de abril de 2013

SOGAMA

O día 5 de abril os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO visitamos as instalacións da Sociedade Galega de Medio Ambiente, SOGAMA, en Cerceda (A Coruña). Nesta visita explicáronnos o traballo que alí realizan e a importancia dos tres erres: REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR. No edificio de clasificación de envases lixeiros observamos como separaban o plástico PET (botellas de auga), o plástico PEAD (botellas de suavizante da roupa), as latas de aluminio (refrescos), os bricks (leite) e as latas que non son de aluminio (conservas). No edificio destinado á recepción da "bolsa negra" (colector verde) comprobamos que non separamos ben os refugallos, xa que coa materia orgánica tamén hai mesturado vidro (QUE É 100% RECICLABLE!!!!), plásticos e cartón. Por último vimos a planta incineradora, na que se queima o CDR (Combustible Derivado de Residuos) para a obtención de enerxía eléctrica.